Panel Avisos

Pechar







Situacion

As Confrarías de Pescadores somos institucións con fonda tradición histórica en Galicia, existindo antecedentes que se remontan o século XIII, cando aparecen >As Irmandades das Vilas e Marismas dos Reinos de Galicia e Asturias. Estas entidades foron evolucionando ó longo do tempo adaptandose as necesidades económicas e laborais que foron xurdindo no pais, perdendo o seu caracter relixioso que as caracterizaba na súa etapa inicial para se converteren primeiro en organizacións laborais e de asistencia mutua, posteriormente en positos de pescadores, e finalmente recuperando a súa vella denominación en corporacións sen ánimo de lucro de dereito público. As Confrarías erixense nunha das canles máis eficaces para que os poderes públicos poidan recoñecer e darlles resposta en cada momento as inquietudes que do sector pesqueiro xurden hoxe. En virtude do establecido no Preambulo, queda clara a natureza das Confrarías e a dependecia do sector pesqueiro das mesmas. As confrarías ofertamos servicios o sector (Venda dos recursos procedentes do mar, Xeo, Pertreitos, Encarnadas, asesoramento, tramitación de documentación, auxilio, etc...). No seo desta Confraría beneficianse destas actividades aproximadamente 200 asociados, representando as mesmas familias en cómputo aproximado.

Pero a noticia máis antiga aparece no «Cronicón Iriense» do seculo XI. Dise alí que o Concilio II de Braga, do año 572, inclue o territorio de Muxía dentro da diócesis de Iría. A proximidade do importante mosterio de Moraime foi causa de que a historia deste municipio estivera ligada a do cenobio. No año 1105, segúndo conta a «Historia Compostelana», foi arrasada a comarca polos normandos e, pouco maiss tarde, no 1115, poos musulmans. A restauración datase en 1119, gracias ao interés do rei galego Alfonso VII. Foi entonces cando se levaría a cabo a repoboación de Muxía con veciños de Cereixo. O señorío que exerceu Moraime sobre o porto terminou no século XVI. No ano 1345 alcanza o título de vila, debido en grande medida a sua importancia como porto pesqueiro, que fixo que o Rei Carlos I no século XVI cambiara ós monxes a propiedade da vila por outro lugar, xa que lle interesaba para as comunicacions por mar con Inglaterra. Os franceses, mandados por Napoleón, tamen arrasaron a vila de Muxía no seu intento por invadir estas terras. A pesar de todo, a vila recuperouse e sigueu crecendo nas faldas do Monte Corpiño, donde antes existía unha praia que hoxe está desaparecida pola construcción do porto e do paseo marítimo. A actividade pesqueira é o motor económico de Muxía, dende as antiguas capturas de sardiña e congro ata os nosos días. En 1878 naceu na vila un gran poeta, Gonzalo López Abente que contou, como Pondal, as belezas desta bendita tierra.