Panel Avisos

Pechar



Naturaleza

Dende o punto de vista xuridico e segundo o establecido no Decreto 261/2002, e nos Estatutos da Cofradia, definese como: A Confraría de Pescadores "Virxe da Barca" de Muxia (A CORUÑA) é unha corporación de dereito público, sin ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e de capacidade para obrar, para o cumprimento dos fines e o exercicio das funcions que lle están encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa ós intereses económicos e corporativos dos profesionales do sector, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na estructura interna e funcionamiento.
Ambito territorial O seu ámbito territorial comprende dende Punta Piaduiro, marxen esquerda da desembocadura do río Grande de Ponte do Porto, ata Punta Nemiña, marxe dereito daa desembocadura do río de Lires: Límites Xeográficos do Concello de Muxía - A Coruña -
Funcions: Como órgano de consulta e colaboración coa administración, correspóndenlle as seguintes funcións:

  • a) Orientar a tódolos seus membros sobre as accións derivadas da aplicación da normativa concernente ó sector pesqueiro e, en particular, sobre axudas, subvencións e programas establecidos pola Administración pública.
  • b) Actuar como oficinas públicas, no referente á recepción, rexistro e tramitación de documentación dirixida á Administración da Comunidade Autónoma, cando expresamente así se estableza en virtude de disposición regulamentaria.
  • c) Promover actividades de formación dos profesionais nas actividades referidas á pesca.
  • d) Servirlle como entidade de consulta á Administración en tódalas cuestións concernentes ó sector, en especial na elaboración das disposicións de carácter xeral que lle sexan sometidas.
  • e) Elevarlle á Administración propostas sobre materias de interese pesqueiro e, en particular, sobre aquelas accións tendentes a mellora-las condicións técnicas, económicas e sociais da actividade pesqueira.
  • f) Promove-la creación de servicios comúns para os seus membros.
  • g) Velar polo estricto cumprimento da normativa vixente en materia de pesca, de descarga, primeira venda e de comercialización dos recursos mariños.
  • h)Colaborar coa Administración na elaboración das estatísticas do sector pesqueiro e marisqueiro e, en particular, remitir á Consellería competente en materia de pesca os datos relativos á descarga e primeira venda dos recursos mariños en fresco, no prazo máximo de dous días e na forma determinada regulamentariamente.

2. Así mesmo, na defensa dos intereses profesionais, correspóndenlle as funcións de:

  • a) Promove-la creación de servicios sociais, recreativos, culturais ou análogos para os seus membros.
  • b) Xestiona-las áreas da zona marítimo e marítimo-terrestre que lle foran confiadas mediante o título administrativo habilítante correspondente, expedido pola Administración competente.
  • c) Xestionar e administrar aqueles bens patrimoniais que lles sexan cedidos por calquera administración pública para o cumprimento dos seus fins.
  • d) Responsabilizarse da vixilancia das zonas de dominio público marítimo e marítimo-terrestre que lle foran confiadas para o seu aproveitamento .
  • e) Administra-los seus propios recursos e patrimonio.
  • f) Promove-la execución de plans de capturas, concentra-la oferta e regulariza-los prezos.
  • g) Establece-los plans de producción e comercialización co fin de mellora-la calidade dos productos e adapta-lo volume da oferta ás esixencias do mercado.
  • h) Adopta-las medidas necesarias para a aplicación da política pesqueira comunitaria que sexan da competencia dos productores.
  • i) Fomenta-lo movemento asociativo como instrumento para a consecución dos obxectivos de ordenación e potenciación do sector.
  • j) Prestar servicios de carácter xeral ós socios.
  • k) Promover o recoñecemento social da profesión do pescador mediante a divulgación da cultura mariñeira, a difusión do coñecemento da actividade pesqueira en toda a súa extensión e o fomento das actividades turísticas, culturais e de mecer vinculadas á pesca e o mar, dirixidas tanto á propia comunidade pescadora como á sociedade en xeral.
  • 3. Desenvolver aqueloutras funcións que lle sexan atribuídas ou encomendadas pola administración pública.