Panel Avisos

Pechar

Politica Prevencion de Riscos

A confraría como organización con personalidade xurídica propia esta obrigada a cumprir a Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995 do 8 de novembro, pero ademais, na súa responsabilidade de asesoramento ten que difundir e axudar os seus socios co fin de que poidan cumprir esta normativa, e colaborar no posible ca administración levando a cabo plans específicos para rebaixar os sinistros no sector.
Dentro da obriga da confraría de instaurar un sistema de prevención, débese ter en conta, que se teñen que avaliar todas as instalacións, tanto as que temos en propiedade como en cesión (oficinas, lonxa, fabrica de xeo, guindastres, embarcacións, bateas, puntos de control, galpóns, ...).
Débese por tanto, planificar as medidas preventivas que afecten a todos os traballadores da organización, quedarían excluídos aqueles que pertenzan a sub contratas ou a administración (servizos de vixilancia privados, secretarios funcionarios, ...). Nos casos de ter sub contratas debéselles exixir as empresas que nos entreguen a súa planificación preventiva para o posto a desenvolver, para poder facer a oportuna coordinación en materia preventiva.
Na súa labor de asesoramento, as confrarías deben explicar a todos os socios que están obrigados a ter un sistema de prevención si teñen traballadores por conta allea ou si na embarcación existen autónomos que no son donos da embarcacións, aínda que estes sexan familiares (cónxuxe, fillos, irmáns, ...). Organizarán charlas informativas para resolver calquera dúbida ou explicar novas obrigas, tamén colaborarán e fomentarán todas as accións formativas que traía unha mellora no cumprimento da materia preventiva.
Ca finalidade de conseguir estes obxectivos as confrarías de Galicia e como mostra do cumprimento da responsabilidade social corporativa crearon o Servizo de Prevención Mancomunado Mar Seguro de Galicia, que ven sendo, unha organización sen animo de lucro especializada no sector do mar, para que todas as embarcacións e confrarías poidan cumprir ca normativa e defender os seus intereses diante da administración, servindo de apoio nas funcións de asesoramento e formación que se marca a confraría.
Que facer en caso de accidente laboral?


Juan Vazquez (Mar Seguro de Galicia)