Panel Avisos

Pechar

Organos de Goberno

Son órganos rectores da Confraría a Xunta Xeral ou Asemblea, o Cabido ou Comisión Permanente e o Patrón Maior Da Xunta Xeral:.
1. A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno e decisión da Confraría na que están representados tódolos profesionais do sector afiliados á mesma.
2. A Xunta Xeral actúa como órgano de control e fiscalización dos restantes órganos rectores da Confraría. Os acordos que adopte obrigan á totalidade dos afiliados.
3. Os membros da Xunta Xeral elixiranse mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, por un período de catro anos, podendo ser reelixidos por períodos de igual duración ata un máximo de tres mandatos consecutivos.
4. A Xunta Xeral está presidida polo Patrón Maior, asistido polos Vicepatróns maiores e o secretario.
5. A Xunta Xeral está composta por 16 membros. Respetará a paridade entre traballadores e empresarios tendo representación nela a totalidade dos sectores da producción que integran a Confraría Do Cabildo:
1. O Cabido é o órgano de goberno, xestión e administración da Confraría.
2. A composición do Cabido será paritaria nos mesmos termos previstos para a Xunta Xeral. Estará presidido polo Patrón Maior e composto por 8vocais dos que dous serán obrigatoriamente os Vicepatróns maior primeiro e segundo, e polo secretario dos órganos de goberno.
As Funcións do Cabido.
a) Dirixir e realiza-las actividades necesarias para o exercicio das facultades atribuídas á Confraría.
b) Velar polo cumprimento dos acordos da Xunta Xeral.
c) Velar polo normal funcionamento dos servicios da Confraría.
d) Elaborar e propoñer á Xunta Xeral o proxecto de orzamento e as súas modificacións, cando estas excedan do 10% do total.
e) Executa-lo orzamento aplicando o plan de contabilidade correspondente, e proceder ás súas modificacións, sempre que o global destas non excedan do 10% do total, debendo dar cumprida conta de cada un destes acordos á Xunta Xeral.
f) Acordar calquera actuación que non comprometa en máis dun 10% os fondos propios da Confraría reflectidos nas contas anuais do exercicio inmediatamente anterior.
g) Elabora-la memoria anual relativa ás actividades da Confraría e á súa situación socioeconómica, someténdoa á Xunta Xeral para a súa aprobación.
h) Resolve-las altas e baixas dos seus afiliados, e previa instrucción do oportuno expediente, acorda-la separación daqueles por razóns disciplinarias.
h) Elaborar e propoñerlle a xunta xeral o proxecto de estatutos, así como os regulamentos internos que procedan e as súas modificacións.
i) Propoñerlle a Xunta Xeral a disolución dos organos rectores e a convocatoria de eleccións.

Do Patron Maior
1. O Patrón Maior é o órgano representativo da Confraría. Preside a Xunta Xeral e o Cabido, participando nas súas reunións con voz e voto.
2. O cargo de Patrón Maior é incompatible con calquera outro nos órganos de goberno das agrupacións e sectores da producción integrados na Confraría.
3. O Patrón Maior será elixido pola Xunta Xeral de entre os seus membros, correspondenlle as seguintes funcions:
a) A dirección e xestión da Confraría.
b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las reunións dos órganos colexiados da Confraría, dirixi-la discusión dos asuntos incluídos na orde do día da convocatoria, conceder e retira-la palabra ós oradores, declarar cerrada a deliberación e someter a votación a proposta. O Patrón Maior moderará a extensión dos debates, respectando en todo caso dúas quendas a favor e outras dúas en contra das respectivas propostas.
c) Coordina-la actuación dos membros do Cabido e demais órganos da Confraría.
d) Ostenta-la representación legal da Confraría e se-la canle de relación desta con calquera outra entidade e institución.
e) Colaborar coas federacións nas que se integre a Confraría.
f) Ordena-los pagamentos previstos nos orzamentos.
g) Servir de canle de relación entre a Confraría e as agrupacións que a integren.
h) Contrata-la realización de auditorías e demais estudios sobre a situación económica da Confraría.
i) Velar polo cumprimento da legalidade.