Panel Avisos

Pechar

Compromiso Responsabilidade Social

A confraría está para velar polos intereses dos seus asociados e , na medida das súas posibilidades, axudar a mellorar a calidade de vida dos seus traballades e de todo o seu contorno social. A confraría pretende mellorar ano a ano, prestando mellores servizos.
Desde o ano 2015 a nosa confraría iniciou un proceso de implantación da Responsabilidade Social Corporativa (RSC), isto significa adquirir un compromiso para mellorar o noso desempeño para cós nosos asociados, traballadores, administracións publicas, así como o noso contorno local e social. A Responsabilidade Social Corporativa supón tamén adquirir unha preocupación polo futuro, polo futuro das novas xeracións de mariñeiros e mariscadores. O Compromiso de Responsabilidade supón tratar de mellorar día a día a Xestión no eido Social, Económico e Medioambiental.

Como consecuencia de este proceso de implantación da RSC, esta confraría elaborou unha primeira versión de este manual de acollida no ano 2016 e pretende seguir avanzando nesta liña traballo. Este manual de acollida estará dispoñibel para todos os asociados nos vindeiros dias.