Panel Avisos

Pechar

flag

CONFRARIA

Proxectos FEMP 2021-2023

05/11/2021 A Conselleria ven de aprobar as Axudas FEMP para o periodo...

WEBMASTER

f137

Dende fai uns anos a actividade marisqueira ten unha importante relevancia no seo do sector extractivo, tanto a nivel social como a nivel económico e medioambiental. Os sectores produtivos asociados aos recursos específicos experimentaron un notable incremento garantindo novos postos de traballo e novas formas da xestión dos recursos. Termos coma “explotación racional”, “control de acceso ó recurso”, “pesca sostible” acuñáronse nos últimos anos, augurando un futuro mellor e un relevo xeracional para ós nosos mariñeiros e mariscadores. No centro de este gran cambio, o coidado e control dos nosos recursos é fundamental como garante da forma de “vida” das persoas que explotan no marco da legalidade e da sustentabilidade os nosos produtos. O que pretendemos coa presentación deste proxecto é acadar e manter unha xestión responsable e sostible dos recursos mariños explotados e dos seus hábitats costeiros, facendo uso de servizos de vixilancia e de asistencia técnica como ferramentas para garantir o control das producións e finalmente concienciando ao sector, a través da formación en responsabilidade social, de que os recursos explotados son limitados, e que unicamente a través dunha xestión responsable (xestión do común, “do que é de todos”), acadaremos unha xestión racional. Dende os seus inicios a actividade marisqueira tivo sempre unha gran importancia dentro do conxunto da actividade económica no seo da Confraría. A realización de accións de recuperación, saneamento e control dos bancos marisqueiros é necesaria e imprescindible para manter e incrementar a capacidade produtiva dos recursos mariños. Por todo isto, é necesario establecer mecanismos que permitan levar a cabo os traballos de coidado, control, seguimento e vixilancia dos recursos explotados no ámbito territorial da Confraría. Na actualidade un dos maiores problemas aos que se enfrontan as agrupacións sectoriais é o furtivismo, tanto externo como interno. Por tanto faise preciso contratar persoal ou empresas do sector de seguridade para velar polo estrito cumprimento das normas regulamentariamente establecidas. Deste xeito conseguimos que o recurso se explote dunha forma máis sostible, xa que establecemos mecanismos de control nos bancos marisqueiros da entidade dende o mesmo momento en que se recolecta o recurso. Por outro lado precisamos da contratación de persoal técnico cualificado (asistencia técnica) para a xestión, control e supervisión dos distintos recursos e coa finalidade de facer un seguimento das distintas explotacións, avaliar stocks, determinar o estado das poboacións das especies explotadas, establecer os distintos topes de captura e analizar a situación en cada intre, así como solucionar os problemas derivados que vaian xurdindo coa maior eficacia e rapidez posible. A asistencia técnica encargaríase, así mesmo, de avaliar a necesidade da implantación de novos plans de xestión, diversificando, deste xeito, as especies recurso, xerando novos postos de traballo, mellorando as rendas dos mariscadores e, por ende, da propia entidade. Os actuais plans de xestión vixentes na Confraría de Muxía son os seguintes: - Plan de xestión de percebe (a pé a flote). - Plan conxunto de solénidos (navalla/longueirón) das Confrarías de Muxía e Camariñas (mergullo). - Plan conxunto de ourizo-zona VI (mergullo) das Confrarías de Muxía, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Camariñas.