Panel Avisos

Pechar

flag

SOCIEDADE

Xornadas Divulgativas FEMP 2019-2020

09/06/2020 A Confraría de Muxia ven de organizar unhas xornadas....

Webmaster

f137

A confraría de Muxia ven de organizar unha xornada informativa para dar difusión as Axudas recibidas por Proxectos Colectivos financiadas polo FEMP (Fondo Europeo Maritimo da Pesca) que contribuan a protección e recuperación da biodiversidade mariña a traves da conservación e xestión dos recursos así como o fomento da sensibilización ambiental. Esta axuda está financiada nun 75% polo FEMP e pola C.A de Galicia nun 25%. O Proxecto desenrolouse no ámbito territorial da Confraría de Muxía. Acolléndose a esta axuda, a Confraría de Muxía presentou o Proxecto de “Coidado, Control e Seguimento dos Bancos Marisqueiros en Muxía”, no que se incluíu a Contratación dun Garda-Pesca mariño a xornada Completa cas funcións de Vixilancia e Control do Ámbito Territorial para o período do 1/7/19 ata o 30/6/20. O Importe da subvención foi de 14520 €

Actividades Executadas:

  • Realización dos traballos de Coidado, Control, seguimento e Vixilancia: dedicáronse un total de 1591 horas de traballo no período .
  • Control do furtivismo interno e externo: Levantáronse un total de 32 actas de infracción.
  • Control de topes de capturas: Realizáronse 47 controis de peso e talla.
  • Control horarios de acceso ó recurso
  • Fixación e delimitación dos puntos de control
  • Colaboración co Servizo de Protección de Recursos da Administración: Periodicamente se participa co servizo de Gardacostas de Galicia na realización de todas as tarefas indicadas nos puntos anteriores.

RESULTADOS

  • Obxectivo Específico: Vixilancia : Durante o período de execución do Proxecto a Agrupación sectorial traballou 114 días. En este período realizáronse 1591 horas de Vixilancia, e como consecuencia se realizaron 16 Controis de Peso e Talla e se levantaron un total de 32 actas de infracción.
  • Obxectivo Xeral: Xestión Responsable e Sostible e Responsabilidade Social. A Confraría durante o período de execución do proxecto avogou a través de Asembleas ou inclusive incluíndo directrices e normas nos Plans de Explotación pola Xestión Responsable do Recurso.