Panel Avisos

Pechar

flag

SOCIEDADE

Proxectos Vixiancia

15/09/2016 Proxecto FEMP 209C-2015F-001

webmaster

f137

De conformidade ao establecido no apartado 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) N. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, publicamos esta información. Este proxecto é o relativo a Axuda que recibe a Confraría coa que se financia o Servizo de Vixiancia.
O Obxetivo principal do proxecto persegue acadar unha xestión responsable e sostible dos recursos mariños explotados e dos seus habitats costeiros, facendo uso de servizos de vixilancia, e doutro lado concienciando ao sector (posiblemente a través de formación en responsabilidade social) de que os recursos que explotan son limitados, e que únicamente a través dunha xestión responsable (Xestión do común, do que é de todos), acadaremos unha xestión racional. Obxetivo Específico do proxecto: Vixilancia e control de acceso aos recursos mariños no ámbito territorial da confraría de Muxia.
No relativo as tarefas de vixiancia, a Confraría acometerá as seguintes accións:

  • Realización dos traballos de Coidado, Control, Seguemento e Vixilancia dos bancos marisqueiros, en cooperación coa Consellería de Pesca.
  • Control do furtivismo interno e externo
  • Control de topes de capturas
  • Control horarios de acceso ó recurso (os establecidos legalmente mediante a correspondente resolución)
  • Fixación e delimitación dos puntos de control.
  • Organización de grupos de vixiancia entre os asociados.
  • O servizo de vixiancia actuará baixo a supervisión do servicio de Protección de Recursos en estricta colaboración con este, achegando todos aqueles datos e informes que lle poidan ser requeridos por éste sobre a materia.

E se COMPROMETE a:
  • Aportar os medios necesarios (transporte e outros) para realización deste proxecto.
  • Os medios previstos poderán utilizarse, así mesmo, polos servicios da Consellería para o exercicio das accions previstas.
  • Responsibilizarse do persoal e dos medios que interveñan na execución dos traballos, a efectos laborais, de control dos horarios, organización do traballo e en todos aqueles aspectos que na execución da acción lle competen.
  • O persoal contratado actuará baixo a supervisión do servicio de Protección de Recursos en estricta colaboración con este, achegando todos aqueles datos e informes que lle poidan ser requeridos por éste sobre a materia.
  • O persoal poderá formular denuncias de infracción, por faltas cometidas nas areas de autorizacións e concesións que serán tramitadas a través do SPR.
  • O persoal contratado para a realización das tarefas deberá acreditar estar en posesión da habilitación de garda particular de campo coa especialidade de gardapesca marítimo, prevista na Lei 23/92, do 30 de Xullo, de seguridade privada.
  • A Confraría aboará o salario establecido legalmente según a categoría do persoal contratado.
  • Facer un seguemento conxunto coa Consellería do desenvolvemento da accion aportando os medios necesarios para o mesmo.
  • Poñer en coñecemento da Consellería calquer incidencia que afecte a realización ou desenvolvemento das tarefas a realizar.
  • Por a disposición da Consellería toda canta información que sobre coidado, control, seguemento e vixiancia das accions requeridas lle sexa requerida.