Panel Avisos

Pechar

flag

SECTORIAL

PLAN POLBO 2016-17

19/05/2016 A Conselleria aproba o Plan de explotacion para o Polbo 2016-17

Webmaster

f137

A Conselleria do Mar ven de publicar a Resolucion do 19 de Maio do 2016 pola que se aproba o Plan Experimental para a Xestión do Polbo 2016-17. As novas a destacar son as seguintes:

  • 1.- Vixencia do Plan: 20 de Maio do 2016 ata inicio da Veda do ano 2017.
  • 2.- Periodo de Veda: Dende as 16 horas do 20 de Maio do 2016 ata as 6h00 do 4 de Xullo de 2016. Durante este periodo queda prohibida a captura, tenza a bordo, transporte e comercialización de este producto.
  • 3.- Peso Minimo: O Peso minimo sera de 1Kg enteiro ou eviscerado.
  • 4.- Numero de Nasas: na Zona A (A Guarda-Pedra Sal-Caion): 200 nasas ata maximo 300 embarcacion para embarcacions de tipo I e II. Embarcacións de tipo III-VI o maximo sera de 600.
  • 5.- Cotas maximas captura: 30 Kg por embarcacion e 30kg por Tripulante no periodo dende 1 de Xullo ao 30 de Setembro. Maximo 210 Kilos/dia. No resto de campaña 50 kg por embarcacion e 50 por tripulante con un maximo de 350 Kg/dia.
  • 6.- Horario: de 6h00 a 16h00. O Periodo de descanso semanal abrangue dende as 16h00 do venres ata as 6h00 do luns.
  • 7.- Balizamento: As nasas deberan estar perfectamente identificadas coas suas etiquetas e o seu Chip de Balizamento.