Panel Avisos

Pechar

flag

SOCIEDADE

Eleccion Patron Maior

09/07/2014 A Xunta Xeral elixe Patrón Maior, Vicepatróns e Cabido

Webmaster

f137

A Xunta Xeral conformada a partires das Eleccións do 28 de Xunio procederá a Constituirse na maña do 12 de Xullo do 2014. No mesmo acto tomará posesión e de conformidade ao establecido no Decreto 8/2014 e na Orde do 29 de Abril procederase a elexir Patrón Maior, Vicepatróns e finalmente comité executivo (Cabido).O Acto realizarase por capítulos, e a cronoloxía dos mesmos e a que segue:

  1. PREAMBULO: CONSTITUCION DA MESA ELECTORAL Será a mesma que a designada para as eleccións do 28X e establecida pola COMISION ELECTORAL
  2. CAPITULO I: TOMA DE POSESIóN Neste acto toman posesión as persoas electas nas eleccións do 28 de Xunio do 2014. O Acto de toma de Posesión é persoal e indelegable. As persoas que non tomen posesión non votarán nin poderán ser elexidas para cargo representativo. Soamente os vocais presentes na sesión de constitución da Xunta Xeral elexirán Patrón Maior.
  3. CAPITULO II: ELECCION DO PATRON MAIOR Unha vez constituida a Xunta Xeral iniciase o proceso de elección de Patrón Maior. Os vocais da Xunta Xeral que o desexen postularanse como Candidatos e contarán con un tempo de exposición para defender a súa candidatura. Acto seguido Procederase a votación. Unha vez elexido Patron Maior, procédese a nomear como vocal da Xunta Xeral a persoa suplente que pertenecendo ao mesmo colectivo obtivo maior numero de votos nas eleccións do 28X
  4. CAPITULO III: ELECCIONS DOS VICEPATRÓNS MAIORES So os vocais de cada colectivo votan para a elección dos vicepatróns primeiro e segundo, segundo corresponda. É decir o colectivo de traballadores elexirá un Vicepatrón e o de empresarios outro. O vicepatrón maior primeiro pertencerá ao colectivo distinto ao de Patrón Maior. Os vicepatróns acadan praza no cabido no momento da súa elección
  5. CAPITULO IV: ELECCIONS CABIDO O Cabido elixese entre os vocais de cada colectivo e sector de producción, esto implica necesariamente que deberán postularse para estar no comité executivo. En caso de empate será de aplicación o establecido no Decreto 8/2014, maior antiguedade, maior idade e finalmente de persistir o empate a sorteo.
Finalmente asinarán a acta en proba de conformidade todo-los membros da Xunta Xeral que tomarán posesión neste acto.